O Brynäs IF é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Gävle, Gästrikland (Suecia). O club polideportivo foi fundado o 12 de maio de 1912, mais non foi ata 1939 cando comezou a andaina da sección de hóckey sobre xeo, a sección máis exitosa do club. Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco, a SHL, competición que gañou en 13 ocasións (6 dende que a competición adoptou a denominación actual), sendo un dos equipos máis laureados de Suecia. Xoga os seus partidos como local no Läkerol Arena, un pavillón con capacidade para 8.265 espectadores.
Palmarés
- 16 Le Mat Trophy: 1964, 1966, 1967, 1968, 1970, 1971, 1972, 1976, 1977, 1980, 1993, 1999, 2012
Xogadores
Números retirados
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas