Bricks Are Heavy é o terceiro álbum da banda estadounidense de grunge L7, publicado o 14 de abril de 1992 a través do selo Slash Records. Apoiado polo sinxelo "Pretend We're Dead", o álbum foi todo un éxito e o grupo converteuse no representante feminino da música grunge.
O álbum lanouse pouco despois da chegada do grunge ao gran público co éxito sorpresa do Nevermind de Nirvana. En xullo de 1992 o tema "Pretend We're Dead" gañou popularidade nas estacións de radio estadounidenses, onde foi emitida regularmente. Cara finais de agosto o disco chegaría ao número 1 da lista Billboard's Heatseekers, e dúas semanas despois acadaría o posto 160 da Billboard 200.
Listaxe de cancións