Brahim Abdelkader Díaz, nado o 3 de agosto de 1999 en Málaga (España) é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no Real Madrid CF da Primeira División de España.
Traxectoria
Inicios
Brahim iniciouse como futbolista con 6 anos no CD Tiro Pichón, club da súa cidade natal.[1][2] Aos 7 anos, foi fichado polo Málaga e xogou nas divisións infantís. En maio de 2010 foi elixido xogador revelación do Torneo Nacional Alevín celebrado en Estepona.[3][4] A súa grande habilidade chamou a atención doutros clubs, como o FC Barcelona ou o Real Madrid, con maior poder económico.[5][6][7][8]
O director da canteira do FC Barcelona, Albert Puig, chegou a un acordo cos seus pais para fichalo en xuño de 2011, pero o xeque do Málaga ofreceulle unhas mellores condicións, polo que Brahim continuou no Infantil B do club malagueño.[9][10] Ao ano seguinte o club blaugrana fixo unha oferta oficial polo neno, pero non chegaron a un acordo debido a que o club malacitano solicitaba 300 000 euros pola súa fichaxe, máis 4,5 millóns en variables.[9][11][12][13]
O 1 de decembro de 2013, o Málaga acordou co Manchester City o traspaso de Brahim, por un prezo de 300 000 euros máis variables por obxectivos.[14][15][16] O adestrador do City, Manuel Pellegrini, foi clave na negociación co Málaga, debido á súa boa relación con eles pola súa exitosa etapa no club.[17] Pasou varias semanas de preparación, e en xaneiro de 2014 viaxou coa sub-16 do Manchester City para xogar a Al Kass International Cup en Doha, a pesar de ter un ano menos da correspondente á categoría.[18] O 21 de outubro de 2015 debutou de maneira oficial na liga Xuvenil da UEFA, partido correspondente á fase de grupos. Entrou ao terreo de xogo no minuto 62 para xogar contra o Sevilla e o partido finalizou con marcador de 1-1.[19]
Manchester City
Brahim debutou como profesional o 21 de setembro de 2016, nun partido da Copa da liga. Entrou no minuto 81 substituíndo a Kelechi Iheanacho, utilizou a camiseta número 55 e o City gañou 1-2 contra o Swansea City. Disputou o seu primeiro partido con 17 anos e 49 días.[20] O 21 de novembro de 2017 debutou na Liga de Campións nun encontro ante o Feyenoord no Etihad Stadium.[21] Dous meses despois debutou en Premier League ante o Newcastle.[22] O 1 de novembro de 2018 marcou os seus primeiros goles co club inglés na vitoria por 2 a 0 ante o Fulham na Copa da liga.[23]
Real Madrid
O 6 de xaneiro de 2019, fíxose oficial a súa fichaxe polo Real Madrid até 2025 tralo pagamento ao club inglés 17 millóns de euros fixos mais sete en variables.[24] Debutou de forma oficial o mércores 9 de xaneiro na Copa do Rei contra o Club Deportivo Leganés, substituíndo a Vinícius Júnior no minuto 78 do partido de ida dos oitavos de final.[25]
Selección nacional
En maio de 2016, participou no Europeo sub-17, onde a selección española quedou subcampioa tras perder na quenda de penaltis ante Portugal. Brahim foi un dos máximos goleadores do torneo con tres tantos.[26][27] Entre novembro de 2016 e marzo de 2018 foi internacional sub-19, aínda que o combinado nacional fallou para clasificarse ao Europeo nos dous anos.
O 1 de setembro de 2017 debutou coa selección sub-21 nun amigable ante Italia.[28] O seu debut, con apenas 18 anos, converteuno nun dos debutantes máis novos da selección.[29]
Estatísticas
Palmarés
- Títulos nacionais
Notas
- ↑ "El malagueño Brahim podría cumplir su sueño de debutar en el City". laopiniondemalaga.es (en castelán). 21-09-2016. Consultado o 03-05-2019.
- ↑ Castro, Juan (30-12-2018). "Brahim Díaz: empezó en el Mortadelo, firmó con el Barcelona... y jugará en el Madrid". marca.com (en castelán). Consultado o 03-05-2019.
- ↑ Macías, Juanjo (04-06-2010). "El Málaga cae en cuartos de final del Torneo Nacional Blue BBVA". diariosur.es (en castelán). Consultado o 03-05-2019.
- ↑ Malo, José L. (20-10-2010). "Un guiño a la cantera a través de Brahim, uno de sus símbolos". malagahoy (en castelán). Consultado o 03-05-2019.
- ↑ Gallardo, Antonio (12-03-2011). "El Barça quiere 'robar' a la perla de la cantera: Brahim". as.com (en castelán). Consultado o 03-05-2019.
- ↑ Gallardo, A. (12-03-2011). "El Barça quiere a Brahim, el niño prodigio de la cantera". eldesmarque.com (en castelán). Consultado o 03-05-2019.
- ↑ Castilla, Alonso (29-07-2019). "El misterio de Brahim Díaz, el gran tesoro que mima Pep Guardiola". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 03-05-2019.
- ↑ Castro, Juan (11-02-2016). "Un malagueño en el City". marca.com (en castelán). Consultado o 03-05-2019.
- ↑ 9,0 9,1 Hinojal, Luuis Miguel (05-01-2019). "Brahim Díaz: otro diamante que pulir en el Real Madrid". elpais.com (en castelán). Consultado o 04-05-2019.
- ↑ Ballesteros, Jesús (25-06-2011). "La 'joya de la corona' del Málaga dice 'no' al Barça (25 de junio de 2011)". marca.com (en castelán). Consultado o 04-05-2019.
- ↑ Roura, Conchita (19-09-2012). "El Málaga ahora pide 300.000 euros por Brahim más 4,5 'kilos' por objetivos". mundodeportivo.com (en castelán). Consultado o 04-05-2019.
- ↑ "Brahim se queda en el Málaga al no haber acuerdo entre clubs con el Barça". mundodeportivo.com (en castelán). 22-09-2012. Consultado o 04-05-2019.
- ↑ Romero, Gerard (19-05-2016). "Brahim Díaz, la sensación de la Sub'17, fue blaugrana unas horas". sport.es (en castelán). Sport.es.
- ↑ "El Manchester City arrebata al Barcelona al «nuevo Messi»". abc.es (en castelán). 10-12-2013. Consultado o 04-05-2019.
- ↑ Olías Málaga, JOSÉ MANUEL OLÍAS MÁLAGA (01-12-2013). "Málaga y Manchester City rubrican el traspaso de Brahim". malagahoy.es (en castelán). Málaga Hoy. Consultado o 04-05-2019.
- ↑ Gallardo, Antonio. "Brahim, la perla de la cantera del Málaga, se va al City". as.com (en castelán). AS.com. Consultado o 04-05-2019.
- ↑ "Pellegrini gana la pulseada al Barcelona por el "nuevo Messi"". emol.com. 03-12-2013. Consultado o 04-05-2019.
- ↑ "Brahim ya se exhibe". malagahoy.es (en castelán). Málaga Hoy. 23-01-2014. Consultado o 04-05-2019.
- ↑ "Brahim debuta oficialmente con el City". eldesmarque.com (en castelán). 21-10-2015. Consultado o 04-05-2019.
- ↑ "Guardiola hace debutar a Brahim". eldesmarque.com (en castelán). 22-09-2016. Consultado o 04-05-2019.
- ↑ "El sueño ya es una realidad.". mediabasesports.com (en castelán). 22-11-2017. Arquivado dende o orixinal o 04-01-2019. Consultado o 04-05-2019.
- ↑ "El día soñado". mediabasesports.com (en castelán). 21-01-2018. Arquivado dende o orixinal o 05-01-2019. Consultado o 03-05-2019.
- ↑ Grado, Álvaro de (01-11-2018). "Premier League: Doblete de Brahim para tumbar al Fulham y meter al City en cuartos de final". marca.com (en castelán). Consultado o 04-05-2019.
- ↑ Santos Chozas, Sergio (07-01-2019). ""Sólo barajé tres opciones: el Madrid, el Madrid y el Madrid"". as.com (en castelán). Consultado o 04-05-2019.
- ↑ Lara, Miguel Ángel (10-01-2019). "Fichaje, presentación y debut de Brahim: "Me lo tomo con tranquilidad"". marca.com (en castelán). Consultado o 04-05-2019.
- ↑ Santos Chozas, Sergio (19-05-2016). "España Sub-17 Brahim: la perla de la Sub-17 por la que suspira Guardiola". as.com (en castelán). Consultado o 04-05-2019.
- ↑ Santos Chozas, Sergio (21-05-2016). "España pierde el Europeo Sub-17 en la tanda de penaltis". as.com (en castelán). Consultado o 04-05-2019.
- ↑ "Brahim debuta con la selección sub-21". diariosur.es (en castelán). 02-09-2017. Consultado o 04-05-2019.
- ↑ Castro, Juan (31-08-2017). "Selección de España: 'Bebé' Brahim a bordo". marca.com (en castelán). Consultado o 04-05-2019.
Véxase tamén
Ligazóns externas