Box of Secrets é o primeiro álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo Blood Red Shoes, publicado o 14 de abril de 2008 a través do selo Mercury Records. O disco foi filtrado a Internet no mes de novembro de 2007.
Varios dos temas foron lanzados anteriormente como sinxelos en edición limitada, incluído "I Wish I Was Someone Better", "ADHD", "It's Getting Boring By the Sea" e "You Bring Me Down". O último deles foi regravado e reeditado antes do lanzamento do álbum. "Try Harder" foi unha cara b do lanzamento orixinal do sinxelo "You Bring Me Down". Todos os sinxelos apareceron como versións regravadas en Box of Secrets, coa excepción de "I Wish I Was Someone Better". O sinxelo "Say Something, Say Anything" foi publicado o 7 de abril de 2008 para coincidir co lanzamento do álbum.
A canción título non aparece no álbum. "Box of Secrets" foi unha cara b do sinxelo "It's Getting Boring by the Sea" e tamén aparece no recompilatorio I'll Be Your Eyes. O título procede dunha frase entre os dous membros para describir cousas que poden dicirse entre eles, pero non a outros.[1]
A canción de peche, "Hope You're Holding Up", é o primeiro tema de Blood Red Shoes en contar con outra persoa que non fose membro do grupo, neste caso con Harriet de Los Campesinos! tocando o violín.
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por Blood Red Shoes.
Notas