Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bursa (homónimos).
Unha bolsa sinovial ou Bursa (nome científico) [1] é un saco cheo de fluído e revestido pola membrana sinovial, cunha capa capilar interior de fluído viscoso (similar á clara dun ovo).
Esta bolsa proporciona un coxín entre os ósos, tendóns e/ou músculos ao redor dunha articulación.[2] Isto axuda a reducir calquera fricción entre os ósos permitindo libre mobilidade.
As bursae están cheas de fluído sinovial e encóntranse ao redor de case todas as principais articulacións do corpo. Cando inflaman, a afección denomínase bursite. As bolsas sinoviais poden ter que ser extirpadas debido a unha bursite crónica ou a unha infección, proceso que se denomina bursectomía.
O número de bolsas sinoviais no cuerpo humano pode superar as mil; porén, a maioría delas non son constantes. Algunhas, as principais ou constantes, adoitan recibir o seu nome particular de acordo coa súa situación, por exemplo; subacromial, rotuliana, olecraniana etc.[3]