Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía

Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía

Editar o valor en Wikidata
Fundación1923
Lingualingua castelá
LocalidadeBuenos Aires
Descrito porEnciclopedia Galega Universal e Diccionario da literatura galega
editar datos en Wikidata ]

Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía foi un periódico editado en Buenos Aires entre 1923 e 1934.

Historia e características

Editado pola Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía, apareceu en 1923. Impulsada por Gervasio Paz Lestón incluía poemas seus en galego e doutros autores, como Victorino Abente Lago, Lois Castro e o marqués de Figueroa; contos de Ramón Otero Pedrayo e Avelino Rodríguez Elías e artigos en galego de Otero Pedrayo, Alfredo Canalejo, Eduardo Blanco Amor, Vicente Risco e Rafael Dieste. Reproduciu por entregas unha novela curta de Gonzalo López Abente e unha peza teatral de Leandro Carré Alvarellos. Cesou a súa publicación en 1934

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas