A bolboreta arlequín[1] (Zerynthia rumina) é unha especie de bolboreta que pertence á familia dos papiliónidos. É unha especie moi frecuente en España e está presente na maioría de hábitats. En Galicia está en perigo de extinción. As súas plantas nutricias son as do xénero Aristolochia.[1]
Distribución
Está presente no norte de África, a Península Ibérica e o sur de Francia.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Gil-T., F., 2008: The form canteneri Staudinger of Zerynthia rumina L., an interesting case of sex-linked inheritance: a study of its occurrence in captive-bred specimens and notes about other forms and aberrations (Lepidoptera: Papilionidae). ISSN 0171-0079 | Atalanta 39 (1/4): 337-342, 421. Full article: [1].