Bojan Bogdanović, nado o 18 de abril de 1989 en Mostar, RS Bosnia e Hercegovina, RFS de Iugoslavia, é un xogador croata de baloncesto profesional que xoga nos New York Knicks da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria
Bogdanović comezou a súa carreira no baloncesto en 2004 no equipo da súa cidade natal, o Zrinjski Mostar, onde xogou durante unha tempada. En 2005, asinou un contrato por cinco anos co Real Madrid da Liga ACB, pero para a tempada 2005-06 foi cedido ó Zrinjski Mostar. Nas dúas tempadas seguintes xogou co equipo júnior do Real Madrid, e na tempada 2008-09 foi cedido ó CB Murcia.
En agosto de 2009, Bogdanović asinou un contrato por catro anos co KK Cibona. En xullo de 2010, asinou unha extensión de tres anos do seu contrato.[1] Tras a tempada 2010-11, rompeu o seu contrato co Cibona.[2]
O 19 de xuño de 2011, Bogdanović asinou un contrato por varios anos co Fenerbahçe Ülker.[3] O 23 de xuño de 2011, foi elixido na 31ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Miami Heat. Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Minnesota Timberwolves, e despois ós New Jersey Nets.[4][5]
O 22 de xullo de 2014, Bogdanović asinou cos Brooklyn Nets un contrato de tres anos e 10 millóns de dólares.[6]
O 22 de febreiro de 2017, Bogdanović foi traspasado xunto a Chris McCullough ós Washington Wizards, a cambio de Andrew Nicholson, Marcus Thornton e unha elección da primeira rolda do Draft de 2017.[7]
O 8 de febreiro de 2024, os Pistons traspasaron a Bogdanović xunto a Alec Burks ós New York Knicks, a cambio de Evan Fournier, Ryan Arcidiacono, Malachi Flynn, Quentin Grimes e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.[8]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|