O bocel[1] é unha moldura convexa de sección semicircular ou, en ocasións, elíptica, de superficie lisa.
Cando a directriz é recta, equivale a un semicilindro; se é circular, a un semitoro. É frecuente a utilización de medio bocel, isto é, dunha moldura cuxa sección sería un cuadrante de círculo; neste caso recibe o nome de medio bocel ou cuarto bocel.
Ás veces é tomada como sinónimo de toro, xa que bocel adóitase utilizar principalmente na arte gótica.