Blue Jasmine é un filme estadounidense de 2013 escrito e dirixido por Woody Allen. O filme conta a historia dunha antiga "socialité" de Manhattan (Cate Blanchett) que cae en desgraza e vese obrigada a mudarse coa súa irmá de clase traballadora (Sally Hawkins) ó seu apartamento en San Francisco. O filme tivo unha estrea limitada na cidade de Nova York o 26 de xullo de 2013, antes de estrearse en todo o país o 23 de agosto de 2013.
Blue Jasmine recibiu boas valoracións por parte da crítica, particularmente pola actuación de Blanchett.[4][5] Blanchett gañou o Óscar á mellor actriz, e Hawkins e Allen foron nomeados a mellor actriz secundaria e mellor guión orixinal, respectivamente. Blanchett tamén gañou o Globo de Ouro, o Premio do Sindicato de Actores á mellor actriz e o BAFTA polo seu papel. O filme foi un éxito de recadación, conseguindo 97,5 millóns de dólares sobre un orzamento de 18 millóns.[2][3]
Personaxes
- Cate Blanchett como Jeanette "Jasmine" Francis
- Sally Hawkins como Ginger, irmá de Jasmine
- Alec Baldwin como Hal Francis, marido de Jasmine
- Peter Sarsgaard como Dwight Westlake, prometido de Jasmine
- Louis C.K. como Al Munsinger, amante de Ginger
- Andrew Dice Clay como Augie, exmarido de Ginger
- Bobby Cannavale como Chili, prometido de Ginger
- Michael Stuhlbarg como Dr. Flicker, o dentista para o que traballa Jasmine
- Alden Ehrenreich como Danny Francis, fillastro de Jasmine
- Tammy Blanchard como Nora, amiga de Jasmine nos Hamptons
- Max Casella como Eddie, amigo de Chili
Notas
- ↑ "BLUE JASMINE (12A)". British Board of Film Classification. 23 de agosto de 2013. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2015. Consultado o 23 de agosto de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 Block, Alex (18 de novembro de 2013). The Hollywood Reporter, ed. "Woody Allen in San Francisco: The Making of 'Blue Jasmine'". Prometheus Global Media. Consultado o 18 de novembro de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 Box Office Mojo (ed.). "Blue Jasmine". IMDb. Consultado o 12 de maio de 2014.
- ↑ Handy, Bruce (26 de xullo de 2013). Vanity Fair, ed. "Movie Review: Woody Allen's Blue Jasmine Is Perhaps His Cruelest-Ever Film". Condé Nast. Consultado o 1 de outubro de 2013.
- ↑ Wolcott, Gary (22 de agosto de 2013). Tri-city Herald, ed. "Blue Jasmine: Woody Allen's excellent homage to A Streetcar Named Desire". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2014. Consultado o 12 de setembro de 2013.
Véxase tamén
Ligazóns externas