Blue Air é unha aeroliña baseada en Bucarest,[1] cos seus principais centros de conexión no aeroporto de Bucarest-Henri Coandă e no aeroporto de Turín. Dende o ano 2016 converteuse na maior aeroliña romanesa en pasaxeiros transportados. Ese ano voaron coa compañía 3,6 millóns de pasaxeiros, cun significativo incremento en relación aos 2 millóns do ano anterior. En maio de 2017 Blue Air voaba a 70 destinos. A pesar de operar como unha aeroliña de baixo custo, a compañía introduciu bocadillos e bebidas gratis nos voos curtos, e comida quente, aperitivos e bebidas nos voos longos. Este é un feito nada habitual nunha aeroliña de baixo custo, máis aínda cando en aeroliñas tradicionais de "servizo completo" como British Airways se retiraron as comidas, aperitivos e bebidas gratis en 2017.
Frota
En xuño de 2017 a frota de Blue Air estaba formada polos seguintes avións:[2][3]