O Bloque Repubricán Nazonal Galego (BRNG), fundado en Tolosa (Francia) o 21 de decembro de 1945[1], foi unha organización política dos exiliados galegos.
Historia e características
Creouse en Tolosa froito da conferencia de unidade galega celebrada os días 21 e 22 de decembro de 1945. Impulsado polos exiliados que residían nesa cidade. Relacionado coa UNE e a ANG, e impulsado por Enrique Líster e o Partido Comunista de España, presentábase como unha plataforma unitaria de todos os movementos galegos de resistencia ao franquismo e avogaba pola creación dun "Consejo General de Galicia". Nel integrouse o Frente Liberador Gallego. O consello de dirección do Bloque, presidido por Manuel Portela Valladares, reunía a Santiago Casares Quiroga, Manuel Martínez-Risco, Manuel Varela Ferro e Antonio Núñez Vázquez (que foi elixido secretario) por Izquierda Republicana, José García López e César Alvajar por Unión Republicana, Enrique Líster e José Antonio Paz Martínez, comunistas, Luís Vázquez Rodríguez polo PSOE e Luís Vidal pola UGT, e Xoán Xosé Plá, polo Partido Galeguista.
No seu Manifesto fundacional titulado "¡Gallegos! Compatriotas todos", enumeraban os seus obxectivos:
Los objetivos políticos inmediatos del “B.R.A.G.” son:
PRIMERO: El restablecimiento de la República Española sobre la base de la Constitución de 1931.
SEGUNDO: La implantación sobre el suelo de Galicia del Estatuto votado por nuestro país en Junio de 1936.
Establecidas ambas condiciones el “B.R.A.G.” se plánteará y resolverá sobre los nuevos objetivos políticos que le presenten.
Enviáronlle unha carta a Castelao, presidente do Consello de Galiza conminando ao Consello e máis ás Alianzas Nazonais Galegas de México e o Uruguai a ingresaren nun Consello Xeral de Galicia que se constituiría en Europa.
A creación do Bloque espertou en Castelao serios receos, pois viuno como unha ameaza para o galeguismo, diluído nun grupo que se situaba na órbita do PCE, e temía que erosionara a autoridade do Consello de Galiza, disputándolle a súa representatividade. Tentou desacreditar ao Bloque ante Diego Martínez Barrio lembrándolle que este non se adherira ao goberno Giral e desmentindo a adscrición de Portela Valladares. Tamén dubidaba da participación doutros membros.
Editou o periódico Galiza que apareceu en Tolosa o 25 de xullo de 1945 e despois editouse en París.
Notas
- ↑ "Se crea en Francia el Bloque Republicano Nazonal Galego" en España Popular, 276, 18-1-1946, p. 1-2.
Véxase tamén
Bibliografía
- Alted Vigil, Alicia; Mateos, Abdón (1990). La Oposición al régimen de Franco. Estado de la cuestión y metodología de la investigación. Madrid: UNED. p. 307. ISBN 84-362-2495-7.
Ligazóns externas