Bloque Nacionalista Rural

Bloque Nacionalista Rural
Logo
IdeoloxíaNacionalismo canario
Data de fundación1998
SedeGáldar
PaísEspaña
Na rede
http://www.bloquenacionalistarural.org/
editar datos en Wikidata ]

O Bloque Nacionalista Rural (BNR) é un partido político de Gran Canaria (Illas Canarias), fundado en 1998.

Traxectoria

Nas eleccións municipais celebradas o 25 de maio de 2003 obtivo cinco concelleiros no municipio de Gáldar. Formou grupo de goberno xunto á coalición electoral formada por Unión Progresista de Gáldar e o Partido Popular. Porén, no outubro de 2004 rompeu ese pacto de goberno por diversos motivos que culminaron coa marcha de José Juan Rodríguez (até daquela do BNR) á coalición electoral PP-UPG. A partir dese momento, o BNR quedou na oposición con catro concelleiros até o 2007.

Nas eleccións municipais de 2007 presentouse xunto a Nueva Canarias obtendo sete concelleiros.

Actualmente BNR-NC goberna no Concello de Gáldar canda o Partido Socialista (PSOE).