O Bloomfield Stadium (en hebreo: אצטדיון בלומפילד) é un campo de fútbol situado na cidade de Tel Aviv, no distrito de Tel Aviv, Israel. É a casa do Hapoel Tel Aviv, do Bnei Yehuda Tel Aviv e do Maccabi Tel Aviv.
Descrición
O Bloomfield Stadium foi construído onde se atopaba o antigo estadio do Hapoel Tel Aviv dende 1950, o Basa Stadium. O estadio abriu oficialmente o 13 de decembro de 1962 cun partido amigábel entre o Hapoel Tel Aviv e o Sportclub Enschede neerlandés. No ano 2000, o Maccabi Tel Aviv, rival do Hapoel, trasladouse tamén ó Bloomfield Stadium. En 2004, o Bnei Yehuda Tel Aviv trasladouse tamén ó Bloomfield, facendo deste o único estadio nas tres divisións superiores de fútbol de Israel en ter tres ocupantes.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas