Blood on the Tracks é o décimo quinto álbum de estudio do cantautor estadounidense Bob Dylan, publicado o 20 de xaneiro de 1975 a través do selo Columbia Records. O disco marcou o regreso de Dylan a Columbia tras dous discos editados con Asylum Records. A meirande parte das letras do álbum xiran ao redor da anguntia, da ira e da soidade.
O álbum foi recibido con entusiasmo pola crítica e o público. Nos anos posteriores ao seu lanzamento chegou a ser considerado como un dos seus mellores discos; é moi común en traballos posteriores que estes se etiquetasen como "o seu mellor disco dende Blood on the Tracks". É tamén común velo como un estándar para os álbums confesionais do cantautor; aínda que Dylan negase que as cancións sexan autobiográficas, o seu fillo Jakob Dylan afirmou: "As cancións son o meu pai falando". No ano 2003 o disco foi elixido o número 16 da lista da Rolling Stones dos "500 mellores álbum de todos os tempos", e no 2004 foi colocado no posto 5 da lista de Pitchfork Media dos "100 mellores álbums dos 70".
O disco acadou o número 1 da lista Billboard 200 e o 4 da UK Albums Chart. O sinxelo "Tangled Up in Blue" chegou ao posto 31 da lista Billboard Hot 100. O álbum segue a ser un dos máis vendids de Dylan, cunha certificación de dobre platino nos €€Stados Unidos]].
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por Bob Dylan.