Block DM-2M 11S861-01, tamén coñecido como Block DM-2M e comercialmente como Block DM3 ou Block DM4, é o nome dun foguete ruso usado como remolcador espacial e etapa superior.[1]
Características
O Block DM-2M 11S861-01 foi un foguete usado como remolcador espacial ou etapa superior para ser usado con foguetes Proton, con sistema de guiado incluído e inicialmente usado para a inserción de satélites militares na órbita xeoestacionaria. A versión comercial Block DM3 leva un adaptador fabricado por Saab para lanzar satélites baseados no bus Hughes HS 601 e a versión Block DM4 úsase para poñer en órbita satélites co bus FS-1300. Tódalas versións usan un queroseno sintético que lles permite ser máis eficientes que a versión do que proceden, o Block DM-2 11S861.[1]
Notas
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 Mark Wade (2011). "Proton 11S861-01" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2012.
Véxase tamén