Bloc Nacionalista Valencià

Bloc Nacionalista Valencià (BLOC)
Partido político valenciano
Dirixentes e organización
LíderEnric Morera
(secretario xeral)
MocidadesJoves del País Valencià - Compromís
Filiación internacionalAlianza Libre Europea
Historia
Fundación1998
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo valenciano
Progresismo
Federalismo europeo
Representación
Cortes Valencianas[1]
7 / 99
Congreso dos Deputados
1 / 350
Concelleiros
370 / 5.784
Outros datos
SedeC/ Sant Jacint, 28, Valencia
PublicaciónInfoBLOC
Na rede
bloc.compromis.net

O Bloc Nacionalista Valencià (BLOC) é un partido político do País Valenciano, de ideoloxía nacionalista valenciana e progresista de esquerdas.

Historia e ideoloxía

Foi creado o 12 de decembro de 1998 como unha coalición electoral, a partir da integración da Unitat del Poble Valencià, o Partit Valencià Nacionalista e Nacionalistes d'Alcoi, e converteuse en federación no Congreso celebrado no 2000 e en partido político no congreso de 2002. Esquerra Valenciana, refundada en 1998 con xente que marchara de Unitat del Poble Valencià, pediu o ingreso na federación durante o congreso fundacional, pero finalmente non foi admitida. Finalmente, en marzo de 2007, Esquerra Valenciana intégrase no BLOC. O BLOC celebrou dous congresos ordinarios: o de fundación, o ano 2000, e outro en 2002. Celebrou o seu terceiro congreso en 2006.

Nas eleccións autonómicas de 1999, a coalición xunto con Els Verds, obtivo máis de 102.000 votos, o cal suporá un 4,6% dos votos emitidos, mentres que nas eleccións autonómicas de 2003, xa como un partido e en coalición con Esquerra Verda, vai obter máis de 114.000 votos, situándose no 4,8%. Malia isto, como o Estatuto de Autonomía da Comunidade Valenciana esixe un 5%, non obtivo representación nas Cortes Valencianas. Por outra parte, nas eleccións celebradas o mesmo día de 2003, obtivo preto de 140.000 votos e ten representación municipal en 122 municipios do País Valenciano con 298 rexidores: ó comezar o período corporativo 2003/07 tiña 17 alcaldías.

Enric Morera nun mitin das eleccións de 2011.

Como consecuencia de non ter obtido representación parlamentaria nas eleccións autonómicas, foi convocado un congreso extraordinario a finais de setembro de 2003. Neste congreso vaise producir unha importante renovación na dirección e unha revisión da liña política, e o líder histórico Pere Mayor, que fora secretario xeral da Unitat del Poble Valencià e, despois, presidente do BLOC, vai ser substituído por un novo secretario xeral: Enric Morera.

En 2004 vai presentarse ás eleccións ó Congreso dos Deputados, novamente formando coalición con Esquerra Verda. Nas eleccións ó Parlamento Europeo de 2004 vai presentarse formando parte da coalición GalEusCat-Pobos de Europa, xunto a Convergència i Unió (CiU), Euzko Alderdi Jeltzalea – Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV), o Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o Partido Socialista de Mallorca – Entesa Nacionalista (Illes Balears) (PSM-EN).

Nas eleccións autonómicas de 2007 vai presentarse con Esquerra Unida del País Valencià, Els Verds del País Valencià, Els Verds-Esquerra Ecologista e Izquierda Republicana baixo a coalición Compromís Pel País Valencià. Obtivo 195.116 votos (8,14%), e dous deputados dun total de 7.

Nas eleccións autonómicas de 2011 vai presentarse dentro da Coalició Compromís, con Iniciativa del Poble Valencià e Els Verds-Esquerra Ecologista. Alcanzou resultados históricos, con 176.213 votos (7,37%) e tres deputados dun total de 6.

Dende 2013 é membro da Alianza Libre Europea.[2]

Joves del País Valencià - Compromís

A sección xuvenil do partido é Joves del País Valencià - Compromís, nada en 1999. Emprega unha bandeira branca co logotipo ou vermella cun rectángulo branco co logotipo.

É definida como unha organización de mozos inspirados polos valores do valencianismo, ambientalismo e esquerda. O secretario xeral é Fran Ferri, deputado no Parlamento valenciano desde 2011.

Notas

  1. Dun total de 6 na Coalició Compromís
  2. El Bloc s'incorpora a l'Aliança Lliure Europea Arquivado 07 de abril de 2014 en Wayback Machine. artigo de xornal Vilaweb, 12 de abril de 2013 (en catalán)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas