José Blas García Piñeiro, nado en Cespón (Boiro) en 1969, é un político galego do PSdeG.
Traxectoria
Estudou Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Militante das XSG en Boiro, foi concelleiro nesta localidade de marzo a xuño de 1999. Traballador en excedencia da CENG do PSdeG-PSOE. Foi secretario xeral da Agrupación Socialista de Boiro de 2000 a 2004, así como secretario comarcal do partido no Barbanza dende 2004 ata 2008. Responsable de organización de Actos Públicos, Márketing e Acción Electoral do PSdeG. Foi concelleiro en Ames dende 2014, a pesar de non concorrer na lista, tras a renuncia de todos os membros da candidatura. Nas eleccións municipais de 2015 foi reelixido concelleiro como número tres da candidatura socialista, asumindo responsabilidades de goberno. Nas eleccións municipais de 2019 presentouse de novo como número tres da candidatura do PSdeG-PSOE, sendo elixido de novo concelleiro de Ames e nomeado segundo tenente-alcalde. Neste mandato foi elixido deputado provincial, encargándose da área de Promoción Económica.[1] Coa renuncia de José Miñones para ser nomeado Delegado do Goberno en Galicia, foi nomeado alcalde de Ames o 8 de abril de 2021.[2][3] En marzo de 2022, asumiu a Secretaría Xeral do PSdeG de Ames[4]. Foi candidato á alcaldía nas municipais de 2023 e foi reelixido alcalde como cabeza da lista máis votada.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas