Blanca Rodríguez Millán, máis coñecida como Blanca Millán, nada o 24 de xuño de 1991 en Touro, é unha debuxante, pintora e ilustradora galega.
Traxectoria
En 2013 graduouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo en Pontevedra. Participou, nese mesmo ano, na exposición colectiva Do final e do comezo[1] co seu Traballo de Fin de Grao Suspiros entre fibras. Tamén fixo unha exposición en solitario no Centro Empresarial do Tambre.
En 2015 remata o Master Universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual.
Ten ilustrado libros de literatura infantil e xuvenil e libros adultos tanto en galego coma en español.
Obras
- A Maxia de Mamá (Edicións Bolanda, 2017). ISBN: 9788469779644.
- Manuela (con texto de R.J. Peralta; Edicións Bolanda, 2017). ISBN: 9788469779651.
- Lola e as 21 vacas (con texto de Blas Rueda; Triqueta Verde Editora, 2018). ISBN: 9788494186066.
- 21 vacas e un gato (con texto de Blas Rueda; Triqueta Verde Editora, 2018). ISBN: 9788494186080.
- CANTAMOS? (con cancións de Luis Vallecillo e texto de Celtia Figueiras; Guindastre Edicións, 2018). ISBN: 978840903640.
- Por Vosotros (con texto de Paula Merlán; Editorial Cuento de Luz, 2021). ISBN: 9788418302084.
- La Bibliotecaria (con texto de Sandra Alonso; Alaestrella Editorial, 2021). ISBN: 9788412196627.
- Blanca la muñeca de Nieve (con texto de Gema López; Editorial Cuento de luz y Fundación Gil Gayarre, 2021)
Premios
- Accésit no Certamen de Cuentos Ilustrados Infantiles Disfruta del Sol sin dejarte la Piel por Pato Mareado el Sol ha Llegado, 2014.[2]
- Estrela Kirkus da revista Kirkus Reviews ao libro Juego de Niños, 2020.
Notas