Blackburn Aircraft

Blackburn Aircraft Limited
Fundación1914
LocalizaciónBrough, Yorkshire
FundadorRobert Blackburn
Industriaaviación
editar datos en Wikidata ]

Blackburn Aircraft Limited foi un construtor aeronáustico británico que se concentrou principalmente en avións navais durante a primeirametade do século XX.

Historia

Blackburn Aircraft foi fundada por Robert Blackburn e Jessy Blackburn, que construíron o seu primeiro avión en Leeds en 1908, coa apertura da fábrica Olympia en Roundhay en 1914.[1][2] No ano 1916 a compañía estableceu unha nova factoría en Brough, East Riding of Yorkshire in 1916.[3] O irmán de Robert, Norman Blackburn, converteuse posteriormente en director xeral.

Blackburn mercou a compañía Cirrus-Hermes Engineering en 1934, comezando a fabricar motores aeronáuticos. Porén, estaba desenvolvéndose unha nova gama de motores e Blackburn quería agardar a que se establecese antes de darlle o seu nome, polo que Cirrus Hermes Engineering mantívose como unha compañía separada durante un tempo.[4]

O nome da compañía cambiouse a Blackburn Aircraft Limited en 1936.[5]

En 1937, cos novos motores Cirrus ben establecidos, a fabricación de motores pasou á compañía matriz xurdindo o nome de Blackburn Cirrus como división operativa da empresa.[6]

En 1937 apresión por rearmarse estaba medrando e a factoría de Yorkshire estaba chegando ao seu máximo de capacidade. Unha fortuíta amizade entre Maurice Denny, director xeral de Denny Bros., unha empresade construción naval de Dumbarton,[7] e Robert Blackburn resultou na construción dunha nova fábrica de Blackburn en Barge Park, Dumbarton onde comezou a fabricación do Blackburn Botha en 1939.[8]

Blackburn fusionouse con General Aircraft Limited en 1949 pasando a chamarse Blackburn and General Aircraft Limited,[9] regresando á anterior denominación de Blackburn Aircraft Limited en 1958.

Como parte da racionalización da industria aeronáustica británica, a súa produción de avións e motores foron absorbidas por Hawker Siddeley e Bristol Siddeley respectivamente en 1960/1961. O nome Blackburn desapareceu completamente en 1963.[10]

Unha compañía estadounidense, Blackburn Aircraft Corp., foi creada en Detroit o 20 de maio de 1929 para mercar dereitos de deseños e patentes dos avións de Blackburn Airplane & Motor Co., Ltd. nos Estados Unidos. Era propiedade nun 90% de Detroit Aircraft Corp. e nun 10% de Blackburn Airplane & Motor Co., Ltd. Os acordos cubrían eses dereitos en toda América, agás Brasil e parcialmente no Canadá, sempre que todas as ferramentas e patróns especiais fosen subministrados pola compañía do Reino Unido.

Aeronaves

Notas

  1. "Roundhay Ward Neighbourhood Design Statement" (PDF). leeds.gov.uk. Consultado o 30 de marzo de 2022. 
  2. The Age of Milton : backgrounds to seventeenth-century literature. Manchester. 1980. ISBN 0-7190-0781-X. OCLC 7168352. 
  3. "End of an era for BAE aircraft manufacturing in Brough". BBC News (en inglés). 2012-03-01. Consultado o 2022-03-30. 
  4. The Times, 9 de xullo de 1937
  5. The Times, 3 de abril de 1936
  6. Bridgman 1943, p. 10d
  7. Bridgman 1943, p. 12c.
  8. Sherry, Alan M. (1996). The Blackburn : Dumbarton's aircraft factory. Ochiltree: Richard Stenlake. ISBN 9781872074825. OCLC 36122550. 
  9. Halpenny 1982, p. 33
  10. "Historic Swordfish in flying visit to East and North Yorkshire". BBC News (en inglés). 2015-09-18. Consultado o 2022-03-30. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 11,6 "Obituary: Jessica Blackburn". The Independent (en inglés). 1995-05-21. Consultado o 2022-03-30. 
  12. Mason, Francis K. (1994). The British Bomber Since 1914. London: Putnam Aeronautical Books. p. 28. ISBN 0-85177-861-5. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 Gunston, Bill (2005). World encyclopedia of aircraft manufacturers : from the pioneers to the present day (2 ed.). Stroud: Sutton. p. 61. ISBN 0-7509-3981-8. 
  14. Halpenny 1982, p. 32.
  15. Halpenny 1982, pp. 32–33.
  16. 16,0 16,1 16,2 Bridgman 1943, p. 12c.
  17. Abraham 2002, p. 109.
  18. Buttler, page 301.
  19. 19,00 19,01 19,02 19,03 19,04 19,05 19,06 19,07 19,08 19,09 19,10 19,11 19,12 Buttler, page 302.
  20. Stemp, PD, 2010. Kites, Birds & Stuff - BLACKBURN Aircraft. Lulu Publishing.
  21. 21,0 21,1 21,2 Buttler, page 303.

Bibliografía

  • Bridgman, Leonard (1943). Jane's all the world's aircraft, 1942. New York: Sampson, Low, Marston & Co. OCLC 26177288.