Bion 6, tamén coñecido como Kosmos 1514, foi un satélite artificial non tripulado da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 14 de decembro de 1983 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2][4][5]
Características
Bion 6 foi o sexto satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 226 km de perixeo, 288 km de apoxeo e 82,3 graos de inclinación orbital, cun período de 89,3 minutos.[3][5]
Bion 6 levaba a bordo dous macacos Rhesus con sensores implantados para monitoriza-lo fluxo de sangue da arteria corótide e 18 ratas preñadas para o estudo do efecto da radiación e a microgravedade no embarazo. As ratas deron a luz camadas normais.[2]
A cápsula regresou o 19 de decembro de 1983, tras 5 días de voo.[2][5]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 1514" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (20 de abril de 2012). "Bion 6" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 3 de maio de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 12 March 1984 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (84-08900). 5 de abril de 1984: 2. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Bion" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2011). "Bion" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2002. Consultado o 3 de maio de 2012.
Véxase tamén
Bibliografía
- Kozlov, D I (1996). Mashnostroenie, ed. Konstruirovanie avtomaticheskikh kosmicheskikh apparatov. Moscú. ISBN.
- Melnik, T G (1997). Nauka, ed. Voenno-Kosmicheskiy Sili. Moscú. ISBN.
- "Bion' nuzhen lyudyam". Novosti Kosmonavtiki (6): 35. 1996.
Outros artigos