Billete de 500 dólares estadounidenses

Billete de 500 dólares de 1928..

O billete de 500 dólares estadounidenses foi un billete con ese valor facial emitido nos Estados Unidos entre 1861 e 1945.

A partir de 1969 os bancos estiveron obrigados a enviar ao Departamento do Tesouro todos os billetes que posuísen, para proceder á súa destrución.

Historia

O billete de cincocentos dólares dos Estados Unidos imprimiuse en diversas series datadas desde 1861 ata 1945, e a Oficina de Gravado e Impresión seguiu a emitir este billete ata 1969. Os billetes non chegaron a acadar unha circulación ampla entre a poboación, xa que a súa creación tivo por obxecto principalmente facilitar as transaccións interbancarias. O 14 de xullo de 1969, o Departamento do Tesouro dos Estados Unidos anunciou que todos os billetes con valores faciais superiores a 100 dólares deixarían de emitirse,[1] e a partir desa data os bancos ficaron obrigados a enviar todos os billetes de 500 dólares ao Departamento do Tesouro, para a súa destrución.[2]

Series

Existen sete series principais do billete de 500 dólares, cada unha delas con numerosas variantes:[3][4]

Intento de reemisión

En 2017 o economista estadounidense Jay Zagorsky suxeriu que os Estados Unidos deberían volver emitir o billete de 500 dólares. Postulou que un desastre podería pechar o comercio e o billete de alto valor facial podería exercer como un seguro contra un colapso económico.[12]

Galería

Notas

  1. "Historical Currency". Bureau of Engraving & Printing (BEP.gov).
  2. "Federal Reserve Notes". Board of Governors of the Federal Reserve System (Federalreserve.gov).
  3. Friedberg, A. L.; Friedberg Krause, I. S. (2006).
  4. "Is There a $500 Bill?". APMEX (learn.apmex.com).
  5. "500 Dollars (1863)". Banknote.ws
  6. "500 Dollars (1869)". Banknote.ws
  7. "500 Dollars (1870)". Banknote.ws
  8. "500 Dollars (1875)". Banknote.ws
  9. "500 Dollars (1878)". Banknote.ws
  10. "500 Dollars (1818)". Banknote.ws
  11. "500 Dollars (1828)". Banknote.ws
  12. Millward, D. (2017). "US economist calls for return of $500 bill nearly 50 years after it was scrapped". En The Telegraph. 13 de novembro.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos