Bill Whitehouse nado en Plumstead o 1 de abril de 1909 e finado en Reims o 14 de xullo de 1957 foi un británico expiloto de carreiras de Inglaterra.
Bill empezou a competir nun Cooper 500 en 1949 nas carreiras de 500 cc Car Club National (máis tarde Fórmula 3). Seguiron varias vitorias e boa colocacións. Participou nun Gran Premio de Fórmula Un, o 17 de xullo de 1954. Retirouse da carreira con problemas no sistema de combustible e non anotou puntos no Campionato do Mundo. Tamén competiu en varias carreiras fora do campionato de Fórmula Un.
Bill foi o propietario do Westmount Garage en Blendon, Bexley, Kent. Este garaxe foi máis tarde a base do equipo Gemini Formula Junior.
Morreu nun choque durante unha carreira de Fórmula 2 en Reims pilotando un coche oficial prestado despois de que o seu Cooper T39 privado tivese falla no motor.[1] Posteriormente tamén morreu o americano Herbert MacKay-Fraser.
Resultados Completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas
- ↑ Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 401. ISBN 0851127029.
Véxase tamén
Ligazóns externas