Bienvenue à Marly-Gomont

Bienvenue à Marly-Gomont
Ficha técnica
Título orixinalBienvenue à Marly-Gomont
DirectorJulien Rambaldi
ProdutorPauline Duhault
Olivier Delbosc
Marc Missonnier
GuiónJulien Rambaldi
Kamini
Benoît Graffin
MúsicaEmmanuel Rambaldi
FotografíaYannick Ressigeac
MontaxeStephane Pereira
EstudioE.D.I. Films
Moana Films
Curiosa Films
Cinéfrance
TF1 Films Production
DistribuidoraMars Films
Estrea8 de xuño de 2016
Duración96 minutos
Orixe Francia
XéneroComedia e drama
Recadación4,4 millóns de dólares[1]
Na rede
IMDB: tt5555502 Filmaffinity: 447499 Allocine: 243573 Netlix: 80123740 Editar o valor en Wikidata

Bienvenue à Marly-Gomont é un filme francés de 2016 dirixido por Julien Rambaldi. Está protagonizado por Marc Zinga e Aïssa Maïga.[2][3] Trata sobre a vida do pai do cantante Kamini Zantoko após se instalar coa súa familia en Francia.

Sinopse

En 1975, despois de graduarse como doutor na universidade de Lille, Seyolo Zantoko decide mudarse coa súa familia a Francia dende Zaire (a actual República Democrática do Congo) para traballar como médico e obter así a cidadanía francesa.

Por mor dun malentendido coa súa dona e os seus fillos, que crían ir vivir a París, chegan á pequena vila rural de Marly-Gomont (en Aisne), o que lles causará moita desilusión e problemas, xa que estaban afeitos ás comodidades dunha capital como Kinshasa. A situación agravarase polo comportamento racista dos veciños, xa que son a única familia de orixe africana. Seyolo tenterá integrarse na comunidade para gañar a súa confianza e que lle deixen exercer como médico.

Personaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas