Bienvenue chez les Ch'tis é un filme francés dirixido, coescrito e protagonizado por Dany Boon que se estreou no 2008.
O filme rompeu practicamente tódolos récords en recadación en Francia. O 28 de febreiro de 2010, o filme fora visto por 20,5 millóns de persoas en 23 semanas. Ademais tivo unha recadación de máis de 110 millóns de euros só en Francia.[2]
Sinopse
Phillippe Abrams (Kad Merad) é un carteiro ó que destinan, en contra do seu desexo, a Bergues, unha pequena vila francesa na fronteira con Bélxica. Pero, cando chega alí, atópase cun lugar idílico e de xentes encantadoras. De tódolos xeitos, á súa muller (Zoé Félix), da que está bastante distanciado, asegúralle que vive nun auténtico inferno coa fin de espertar a súa compaixón. Un día ela decide ir a velo. Entón, Abrams pídelles ós seus novos amigos e veciños que representen unha farsa e se comporten de forma que pareza que a vida nesa vila é un pesadelo.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas