Beto Luaces, nado en Montevideo en 1969, é un escritor galego que en 2017 iniciou a serie de novela negra titulada VICVS cuxa trama discorre entre a cidade de Vigo e a serra do Suído.
Traxectoria
Fillo de galegos emigrados ao Uruguai[1], en 1978 regresou a Galicia e instalouse inicialmente nunha aldea da serra do Suído[2]. Estudou Filoloxía Galega e Portuguesa[3], profesionalmente é funcionario xudicial[2]. Na actualidade traballa e vive en Vigo.
Obra
- Vicvs. Un lugar do común (Bolanda, 2017)
- Vicvs. Un lugar aquelado (Bolanda, 2019)
- Vicvs. Un lugar afastado (Bolanda, 2020)
- Os tesouros do Parlamento (Parlamento de Galicia, 2020)
- Un camiño cara á Catedral de Santiago (Fundación da Catedral de Santiago, 2022)
Notas