Beta (xénero)

xénero Beta

Beterrabas (Beta vulgaris)
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Caryophyllidae
Orde: Caryophyllales
Familia: Amaranthaceae
Subfamilia: Betoideae
Xénero: Beta
L.
Especies

Véxase no texto

Beta é un xénero de fanerógamas, sonadas en horticultura da familia das Amaranthaceae. A este xénero pertencen plantas tan populares coma a beterraba (Beta vulgaris) ou a acelga (Beta vulgaris var. cicla).

O nome beterraba deriva do substantivo francês betterave (sendo bette a acelga, e rave nabo). O colo tuberizado serve, para alén dos fins culinarios, produción de azucre (sacarosa). Tamén existe unha variante cultivada para alimentación animal. É común achar que a beterraba é unha raíz, como a cenoria, porén o órgano de reserva é o caule, mais especificamente o colo da planta.

Descrición

Son herbas suculentas con talo engurrado e follas alternas, xeralmente enteiras. Flores perfectas, solitarias ou agrupadas en inflorescencias axilares; cada grupo unidos polas súas bases; brácteas miúdas herbáceas; bractéolas moi pequenas ou ausentes. Periantio con 5 lóbulos. Utrículo (froita) fechado dentro do periantio e connados polas súas bases para formaren unha inflamación que se desprende na madureza. Semente lenticular ou en forma de ril, brillante.[1]

Comprende 59 especies descritas e destas, só 12 aceptadas.[2]

Taxonomía

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 222. 1753.[1] A especie tipo é: Beta vulgaris L.

Especies aceptadas

A seguir amósase unha listaxe das especies do xénero Beta aceptadas até outubro de 2012, ordenadas alfabeticamente. Para cada unha indícase o nome binomial seguido do autor, abreviado segundo as convencións e usos.

Notas

  1. 1,0 1,1 "Beta". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 23 de outubro de 2012. 
  2. Beta (xénero) en PlantList

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bailey, L. H. & E. Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York.
  • Flora of North America Editorial Committee, e. 2003. Magnoliophyta: Caryophyllidae, part 1. 4: i–xxiv, 1–559. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
  • Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. 2011. Flora de Antioquia. Catálogo de las Plantas Vasculares, vol. 2. Listado de las Plantas Vasculares del Departamento de Antioquia. pp. 1–939.
  • Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
  • Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  • Standley, P. C. & J. A. Steyermark. 1946. Chenopodiaceae. In Standley, P.C. & Steyermark, J.A. (Eds), Flora of Guatemal a - Part IV. Fieldiana, Bot. 24(4): 137–143.

Outros artigos