Emigrou a Buenos Aires en 1927, onde traballou de camareiro. Ao retorno instalouse en Güimil. Funcionario do concello de Muíños, foi secretario do Sindicato Campesino de Souto, e concelleiro pola Fronte Popular dende marzo de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi paseado na ponte de Boado, sobre o río Limia, na saída de Xinzo cara a Verín.
O Comité pola Memória Histórica do Val do Límia fíxolle unha homenaxe o 1 de agosto de 2020.[1][2]
Morais, Carlos (2020). Benito Valencia Bouza, artífice do Sindicato Campesino de Souto, Val do Límia. Cadernos monográficos 3. Comité pola Memória Histórica do Val do Límia.