Benito Sánchez López, finado en Viveiro en maio de 1966, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
Militante socialista,[1][2] foi nomeado membro da Comisión Xestora de Viveiro en abril de 1931.[3] Foi elixido concelleiro de Viveiro nas eleccións de maio de 1931 e foi alcalde accidental de Viveiro en xaneiro de 1934.[4] Foi director de El Momento de Viveiro. Posteriormente foi cabo inspector de arbitrios. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado o 3 de outubro. Foi detido o 17 de marzo de 1937 e saíu en liberdade o 26 do mesmo mes. Finou en Viveiro en maio de 1966.[5]
Notas
- ↑ Las Riberas del Eo, 3-5-1930, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 4-5-1930, p. 8.
- ↑ El Progreso, 3-5-1931, p. 1.
- ↑ BOP Lugo, 27-1-1934, p. 1.
- ↑ El Progreso, 27-5-1966, p. 7.
Véxase tamén
Ligazóns externas