Benito Soto Linares, nado o 17 de marzo de 1852 e finado en Chantada o 3 de xaneiro de 1914[1], foi un banqueiro e político galego.
Traxectoria
Fillo de Luis Soto Martínez. Comerciante en Chantada, intermediario na compravenda de terreos, cobraba efectos de comercio, pagaba xiros e prestaba diñeiro. Foi correspondente do Banco de España, representante da Compañía Trasatlántica, empresa relacionada co transporte marítimo de emigrantes a América, e representante da Compañía arrendataria de Tabacos en Chantada.
Foi nomeado alcalde de Chantada o 1 de xaneiro de 1902. Cesou o 1 de xaneiro de 1904.
Logo da súa morte, a súa muller Amadora Lemos e os seus fillos, para seguir nos negocios, formaron unha Comunidade de Bens co nome de Viuda de Benito de Soto. En 1925 asumiu a dirección o fillo Antonio de Soto Lemos ata o seu falecemento en 1931, pasando a dirección aos seus irmáns Jesús e José de Soto Lemos. En 1964 a familia Soto creou o Banco de Soto.
Vida persoal
Casou con Amadora Lemos e foi pai de Antonio, Jesús e José Soto Lemos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas