Benigno Salgado Vázquez

Modelo:BiografíaBenigno Salgado Vázquez
Biografía
Nacementofebreiro de 1855 Editar o valor en Wikidata
Maside, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico, xornalista Editar o valor en Wikidata
Membro de

BUSC: salgado-vazquez-benigno-n-1855

Benigno Salgado Vázquez, nado en Dacón (Maside) en febreiro de 1855, foi un farmacéutico e xornalista galego.

Traxectoria

Emigrou a Uruguai en 1874. De ideas liberais, opúxose á Restauración borbónica e aos gobernos conservadores. Dirixiu La Voz de Galicia, foi correspondente en Montevideo de El Eco de Galicia da Habana e colaborou en El Heraldo Gallego, La Colonia Española, El Gallego e La Unión Gallega. Asinou cos pseudónimos Pedro Enxebre e Xan Blexos.[1] Foi precursor da idea de creación dos Centros Galegos, nun manifesto publicado en Montevideo en 1879 e fundou co seu irmán Tomás o Centro Galego de Montevideo.

Notas

  1. Carballo, R. (1975) [1963]. Historia da Literatura Galega Contemporánea. Galaxia. p. 463. ISBN 84-7154-391-5. 

Véxase tamén

Bibliografía