Benigno Campos Melón, nado en Chapela, Redondela, o 7 de agosto de 1949, é un cociñeiro televisivo galego, coñecido pola súa aparición no programa Larpeiros da TVG.
Traxectoria
Fillo de Arnaldo e Lucila, estudou o bacharelato no Instituto Santa Irene de Vigo e no Colexio Alba. En 1971 foi facer o servizo militar obrigatorio a Madrid, onde comezou a cociñar. Traballou nunha empresa da construción naval durante trinta e nove anos. En 2008, xa xubilado, chamárono para participar nun programa de cociña na Televisión de Galicia, que acadou grande éxito. O primeiro dos libros de cociña que publicou, en galego, con prólogo de Xosé Cermeño, editado por Galaxia, conseguiu chegar á oitava edición en menos dun ano, vendendo máis de 50 000 exemplares. A Editorial Everest publicou a versión en castelán, esgotándose nunha semana toda a tirada da primeira edición.[1]
Libros publicados
- A cociña de Larpeiros: 150 receitas de Benigno Campos, 2009, Editorial Galaxia.[2]
- La cocina de Benigno Campos ¿qué vamos a comer hoy?, 2010, Editorial Everest.
- Novas receitas da cociña de Larpeiros, 2010, Editorial Galaxia.
- Onde mercan os Larpeiros, 2011, Editorial Galaxia.
- Volve a cociña de Larpeiros, 2013, Editorial Galaxia.
- Cociñando con Benigno Campos, 2014, Editorial Galaxia.
- Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos, 2016, Editorial Galaxia.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos