Benigno Benavides Álvarez, nado en Nigrán cara a 1913, foi un mariñeiro e político galego.
Traxectoria
Mariñeiro veciño de Priegue. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. O xuíz militar emitiu unha requisitoria para a súa presentación e a de Francisco Misa Aballe, José Misa Rodríguez, Juan Manuel Salgueiro Rial, José Fernández Fernández, Maximiliano Comesaña Pérez, Victorino Hermida Misa e Enrique Giráldez Piña o 24 de agosto.[1] Volveu ser reclamado polo xuíz militar de Vigo o 7 de novembro con Maximiliano Comesaña Pérez e José Puentes Méndez.[2] Foi xulgado en tres causas militares e declarado en rebeldía. Cando rematou a guerra entregouse, foi xulgado en consello de guerra en Vigo por auxilio á rebelión e condenado a 12 anos de prisión. Posteriormente a condena foi conmutada a 3 anos. Cumpriu condena na Prisión de Partido de Vigo da que saíu en liberdade condicional en febreiro de 1942.[3] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en maio de 1943.[4][5]
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 24-8-1936, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 8-11-1936, p. 3.
- ↑ BOE, 2-3-1942, p. 1518.
- ↑ BOE, 16-9-1943, p. 3271.
- ↑ BOE, 29-9-1943, p. 3410.
Véxase tamén
Ligazóns externas