Ben Cultural de Interese Nacional (en catalán: Bé Cultural d'Interès Nacional) ou sinxelamente Ben de Interese Nacional (en catalán: Bé d'Interès Nacional), abreviado BCIN, é unha categoría de protección legal dos bens máis relevantes do patrimonio cultural catalán, tanto de mobles como inmobles,[1] outorgada pola Administración da Generalitat de Cataluña, que o inscribiu no Rexistro de Bens Culturais de Interese Nacional. Constitúe a categoría superior de protección, as outras dúas son o Ben Cultural de Interese Local (BCIL) e o Espazo de Protección Arqueolóxica (EPA).[2]
A maioría destes bens están recoñecidos como Ben de Interese Cultural na administración do Estado español.
Notas