O Bell 412 é un helicóptero utilitario da familia Huey fabricado por Bell Helicopter. Desenvolveuse a partir do Bell 212 e a súa principal diferenza é un rotor principal con catro pas de materiais compostos.
Deseño e desenvolvemento
O seu desenvolvemento comezou a finais dos anos 70 con dous Bell 212 convertidos en prototipos do 412. Un avanzado rotor principal de menor diámetro con catro pas substituíu o de dúas pas do 212. O primeiro prototipo fixo o seu voo de estrea en agosto de 1979 e o modelo inicial foi certificado en xaneiro de 1981, emprezando as entregas ese mesmo mes.[1] O modelo 412 model foi seguido pola versión 412SP (Special Performance), que contaba con máis capacidade de combustible, un maior peso máximo de engalaxe, e configuracións opcionais de asentos. En 1991 chegou o 412HP (High Performance), cunha transmisión mellorada, que substituíu a versión SP na produción.[1] A seguinte variante foi o 412EP (Enhanced Performance), equipada cun sistema automático de control dixital dual. En 2013 Bell introducíu o 412EPI cun control electrónico para o motor mellorado PT6T-9, e un sistema de visualización de cristal na cabina semellante ao do Bell 429. Tamén conta cun sistema de navegación Garmin con pantalla táctil, e coas melloras BLR Strake e Fast Fin para aumentar o rendemento do aparello mentres permanece inmóbil.[2]
Notas