Beijing Capital Airlines (chinés: 首都航空; pinyin: Shǒudū Hángkōng), é unha aeroliña chinesa comercializada baixo o nome de Capital Airlines que opera como subsidiaria de Hainan Airlines.
Historia
A compañía creouse en 1995 como Deer Jet Airlines (chinés: 金鹿航空; pinyin: Jīnlù Hángkōng). No ano 1998 comezou a ofrecer servizos internacionais baixo a marca the Deer Air. En outubro de 2007 recibiu o seu primeiro Airbus A319 e comezou a desfacese os Boeing 737 cos que operara ata a data. Deer Jet comezou a proporcionar servizos chárter en decembro de 2008 usando unha frota de A319 e reactores corporativos. A Administración de Aviación Civil Chinesa autorizou á aeroliña a operar servizos regulares en 2009.
O 2 de abril de 2010 Beijing Capital Airlines CO., LTD. lanzou o seu primeiro servizo, baseado no aeroporto internacional de Pequín-Capital. Deer Jet Airlines dividiuse en dúas compañías o 4 de maio dese ano. Mentres que as operacións chárter mantivéronse coa marca Deer Jet, as operacións regulares usando avións Airbus pasaron a chamarse Capital Airlines.[1][2]
Frota
En marzo de 2018 a frota de Beijing Capital Airlines estaba formada polos seguintes avións:[3]