En decembro de 1402, despois da morte en Olite dos seus dous irmáns varóns, Carlos e Lois, falecidos aos cinco anos e antes de cumprir un ano, respectivamente,[5] Beatriz foi declarada oficialmente a terceira na liña de sucesión ao trono de Navarra,[2] detrás da súa irmá, Xoana, a herdeira, e da súa outra irmá, Branca, segunda na liña sucesoria (que finalmente foi a que sucedeu ao seu pai.[2]
Beatriz faleceu no Palacio Real de Olite, (Navarra), segundo algunhas fontes, en 1410,[2] posibelmente a causa do parto da súa filla María. Outras fontes din que faleceu no ano 1415.
↑Outras fontes indican que naceu en 1392, pero isto é moi pouco probábel, porque a súa nai, Lionor de Trastámara, viviu desde 1390 a 1395, no Reino de Castela, lonxe do seu marido, rei de Navarra.