María Beatriz González Loroño, nada en Vilagarcía de Arousa o 25 de xaneiro de 1966, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria
Licenciada en Dereito. Foi concelleira de Vilagarcía de Arousa. Foi elixida deputada no Parlamento de Galicia nas eleccións autonómicas de 2001. En 2010 foi nomeada xerente da Fundación Cidade da Cultura[1]. Foi relevada deste posto en novembro de 2016[2].
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas