Beatriz Fraga Cameán, nada en Carballo en 1967, é unha escritora e profesora de Educación Primaria galega.
Traxectoria
Traduciu para o galego Heidi (2000) e Pinocchio (2000), da serie Movil Books (Sotelo Blanco Edicións), e Dadahwat (Lendas indias norteamericanas) (Galaxia-Editores Asociados). Tamén para Editorial Galaxia, realizou as actividades didácticas e a tradución de varios títulos da colección Espazos. No ano 2009, publicou Marcelo o morcego, conto para nenos no que experimenta coa prosa rimada, o humor e o cuestionamento dos roles. Co relato “Un sitio perfecto para o peixe globo”, participou no proxecto literario colectivo Contos de taberna, organizado polo Concello de Carballo e recollido posteriormente no libro do mesmo título (Edicións Embora, 2014).
Xunto con Carlos Lema creou Euseino? Editores. Forma parte, como fundadora e vicepresidenta, do Padroado da Fundación Euseino?
Obra
Ficción
Ensaio
- A representación da Bela Dormente a través da indumentaria. Da pintura prerrafaelita ás "imageries" de Warja Lavater. (Euseino? Editores, 2020).[1]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas