Batman, a Lego película (en inglés: The Lego Batman Movie) é un filme de 2017 dirixido por Chris McKay. Foi producido por Warner Animation Group e distribuído por Warner Bros. Pictures. O guión é obra de Seth Grahame-Smith, Chris McKenna, Erik Sommers, Jared Stern e John Whittington, e producido por Dan Lin, Roy Lee e Phil Lord e Christopher Miller. Baséase nos personaxes de DC Universe, de DC Comics, e as liñas de xoguetes Lego Batman/Lego DC Super Heroes, sendo unha coprodución internacional entre os Estados Unidos, Australia e Dinamarca. É o segundo título da franquía "Lego Movie". Conta coas voces de Will Arnett (que retoma o seu papel de A Lego película) xunto con Zach Galifianakis, Michael Cera, Rosario Dawson e Ralph Fiennes.
Estreouse en galego o 25 de decembro de 2020 a través da tvG2.[6]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Gleiberman, Owen (4 de febreiro de 2017). "Film Review: 'The Lego Batman Movie'". Variety. Consultado o 20 de febreiro de 2017.
- ↑ "Film releases". Variety Insight. Consultado o 9 de febreiro de 2017.
- ↑ "The LEGO Batman Movie (U)". British Board of Film Classification. 13 de xaneiro de 2017. Consultado o 13 de xaneiro de 2017.
- ↑ Lang, Brent (7 de febreiro de 2017). "Box Office: 'Fifty Shades Darker' No Match for 'The Lego Batman Movie'". Variety. Consultado o 8 de febreiro de 2017.
- ↑ "The Lego Batman Movie (2017)". Box Office Mojo. Consultado o 24 de setembro de 2017.
- ↑ CRTVG (ed.). "Oito títulos de cine para a cativada, as mellores series en galego e a visita dos Reis Magos, este Nadal na TVG". Consultado o 1 de xullo de 2021.
Véxase tamén
Ligazóns externas