A batalla dos montes Nervasos foi un enfrontamento militar ocorrido no ano 419 entre os suevos, dirixidos polo seu rei Hermerico e auxiliados polos romanos do comes HispaniarumAsterio, e os vándalos, liderados polo seu propio rei Gunderico e auxiliados polos alanos, no contexto das invasións xermánicas na Península Ibérica. O encontro, que tivo lugar na actual provincia de León (España), saldouse cunha vitoria sueva.
En 416, Walia, rei dos visigodos de Tolosa, entra na Península como aliado dos romanos para combater os invasores bárbaros. Estes prefiren non unirse para enfrontarse á ameaza común, e contra o ano 418 aniquilou case por completo ós silingos e dispersou os alanos, logo de matar o seu monarca Atax, que se refuxian entre os asdingos (motivo polo que en diante os reis vándalos nomeásense «reis dos vándalos e os alanos»).[1][2]
O rei suevo Hermerico, pola súa banda, conseguiu asinar un tratado co emperador Honorio para que concedese á súa tribo o estado legal de foederati (do que gozaban tamén os visigodos), polo que os galaicoromanos debían cederlles terras. Estabelecéronse gornicións nas cidades e Braga empezou a ser considerada o centro de poder. O desagrado dos galaicoromanos por ter que dar parte das súas terras ós suevos mostrouse, no futuro, como fonte de conflitos entre nativos e colonos, dándose varios tratados de paz incumpridos e o envío dunha embaixada indíxena ó xeneral Aecio na Galia, encabezada polo bispoHidacio, que non conseguirá os seus propósitos.[3]
En alianza cos romanos, Hermerico deixouse levar polos desexos expansionistas do seu reino e entrou en conflito cos seus veciños vándalos, os máis achegados.[4]
A batalla
Os detalles do enfrontamento entre os dous pobos non están claros, pero pódese deducir que foron os suevos os que levaron a iniciativa ó romper as hostilidades, xa que os montes Nervasos (chamados así ou ben polo antigo pobo galaico dos narbasos ou polo xeneralromano Erbasio), a pesar da súa localización incerta, puideron estar situados na comarcaleonesa do Bierzo, entón o Convento Asturicense, que en virtude do pacto de 409–411 pertencía ós vándalosasdingos de Gunderico.[5]
A interpretación tradicional da batalla explica que durante a invasión do territorio inimigo, Hermerico e o seu exército foron acurralados nos montes Nervasos polas tropas de Gunderico, e só a intervención romana salvou os suevos dunha grave derrota.[1][2] Foi o comes HispanorumAsterio quen á fronte dun poderoso exército romano levantou o asedio das posicións suevas e obrigou ó exército vándalo a se retirar. Non rematou aquí a campaña romana, pois Asterio acosou os vándalos até obrigalos a replegárense no sur, cara a Bracara Augusta onde esperaba o seu vicarius Maurocelo, quen comandaba outro exército para a ocasión, para interceptar aos asdingos e derrotalos.
Esta explicación dos acontecementos deriva do parágrafo XXV da crónica de Hidacio:
Iníciase a guerra entre Gunderico, rei dos vándalos, e Hermerico, rei dos suevos. No entanto, estes son cercados polos vándalos, nos montes Nervasos.[6]
Porén, o autor contradise no parágrafo XXVI, onde afirma seren os vándalos os que se achaban baixo cerco do suevos ("suevorum obsidione"):
O suevos, despois dos suevos levantaren o cerco a pedido de Asterio, conde de Hispania, abandonaron a Gallaecia e pasaron á Bética.[7]
Algúns autores inclínanse a consideran como correcto o segundo dos parágrafos por semellar improbábel que o imperio romano rescatase a un grupo de bárbaros para entregarlles posteriormente unha das súas provincias.[8]
Consecuencias
Forzado pola derrota, o rei Gunderico guiará ó seu pobo a buscar o asentamento na Bética. Entre 421 e 422 derrotan ó exército imperial de Flavio Castino enviado contra eles para recuperar o perdido, e constrúen unha gran frota coa que logran o predominio naval da rexión e conquistar boa parte do sueste de Hispania, chegando a saquear cidades como Hispalis (Sevilla) e Carthago Nova (Cartaxena), entre outras localidades.[1]
En 428 morre Gunderico e sucédeo no trono o seu medio irmán Xenserico, que decide que o novo fogar dos vándalos está no norte de África, no que as disputas internas impedirán a resistencia romana.[3] Pero mentres Xenserico se atopa ocupado cos preparativos que farán que 80.000 persoas, 15.000 delas guerreiros, crucen o estreito de Xibraltar, as bandas suevas de Heremigario atácano pola retagarda tras saquear a Lusitania.[2] Os incursores serán derrotados preto de Mérida e o seu líder afoga no Guadiana mentres tentaba fuxir. O ano seguinte, os vándalos desembarcan en Ceuta, dende onde en poucos anos se farán con toda a África occidental romana para ser despois varridos e derrotados Belisario, xeneral de Xustiniano I.
Respecto dos suevos, permanecerían en Gallaecia até a conquista visigoda de Leovixildo do seu reino no ano 585, compartindo a mesma sorte que os seus inimigos vándalos.
↑"Ayuntamiento de Villamanín: Arbas del Puerto". Concello de Villamanín. Arquivado dende o orixinal(html) o 09 de setembro de 2011. Consultado o 11 de agosto de 2010. Arbas deriva, segundo coinciden os máis informados autores, do seu enclave nos 'Montes Erbasos', quen, á súa vez, o tomaría dun xeneral romano de nome Erbasio
↑de Chaves, Hidacio. Hydatii Episcopi Chronicon. p. XXV. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2011. Consultado o 29 de outubro de 2019. Inter Gundericum Vandalorum, et Hermericum Suevorum reges certamine orto, Suevi in Nervasi [Ms., Nerbasis] montibus obsidentur a Wandalis.
↑de Chaves, Hidacio. Hydatii Episcopi Chronicon. p. XXVI. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2011. Consultado o 29 de outubro de 2019. Wandali Suevorum obsidione dimissa, instante Asterio Hispaniarum comite, sub vicario Maurocello, aliquantis Bracarae in exitu suo occisis, relicta Gallaecia ad Baeticam transierunt.
↑Lago Villaverde, Alberte; Egea Lapina, Henrique (2019). 40 datas que fizeram a história da Galiza. Através editora. p. 48. ISBN978-84-16545-32-2.
Véxase tamén
Bibliografía
Arce, Javier (2007). Bárbaros y romanos en Hispania. Marcial Pons Historia. ISBN84-96467-57-0.