Basilio Pedro IV Awgatean[1] (en armenio: Բարսեղ Պետրոս Դ. Աւգատեան, Barseġ Petros D. Awgatean (ISO 9985)), finado o 6 de febreiro de 1788, foi o 4º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 1 de decembro de 1780 até o seu pasamento.
Traxectoria
Procedía de Alepo, e foi capelán dos antonianos armenios. Foi elixido patriarca o 1 de decembro de 1780 e confirmado o 6 de febreiro de 1781 no seu cargo. É considerado un patriarca moi espiritual na Igrexa Armenia. Durante o seu pontificado escribiu dez constitucións (ao xeito das papais) nas que regulou a relación entre o patriarca e os seus bispos.
Notas
- ↑ O seu apelido tamén aparece como Avkadian. O seu nome tamén como Parsegh Bedros e Basilus Petrus.
Véxase tamén
Bibliografía
- Vernier, Donat (2012). Histoire du Patriarcat arménien catholique (Ed.1891). Hachette Livre. pp. 305–306.
Ligazóns externas