A Base Aérea das Lajes, oficialmente designada Base Aérea Nº 4, (IATA: TER, OACI: LPLA) é un aeródromo multiuso, fogar da Base Aérea Nº 4 e do Comando da Zona Aérea dos Açores, unha unidade estadounidense destacada, e unha terminal de pasaxeiros rexional. Está situado preto de Lajes, a 15 quilómetros ao nordés de Angra do Heroísmo na illa Terceira. Atópase a uns 3 680 km ao leste de Nova York e a uns 1 600 km ao oeste de Lisboa, polo que a base está nunha siituación estratéxica no medio de Norteamérica e Europa.
Aeroliñas e destinos
Aeroliñas |
Destinos
|
Azores Airlines |
Boston, Lisboa, Pico, Porto Estacional: Oakland, Toronto-Pearson
|
Ryanair |
Lisboa, Porto
|
SATA Air Açores |
Corvo, Flores, Graciosa, Horta, Pico, Ponta Delgada, São Jorge
|
TAP Air Portugal |
Lisboa
|
TUI fly Netherlands |
Estacional: Ámsterdam
|