Bars-M (índice GRAU 14F148) é unha serie de satélites de recoñecemento rusos.[1][2]
Características
Os satélites Bars-M son satélites de recoñecemento electroópticos deseñados para substituír os Yantar 1KFT, que devolvía as imaxes en formato de película fotográfica, e á serie Bars, cancelada a principios de 2000. Os Bars-M foron comezados a ser desenvolvidos por TsSKB Progress en 2007. Levan un sistema de imaxe electroóptico denominado Karat e un altímetro láser dual para obter datos topográficos de alta resolución. O sistema pode obter imaxes cunha resolución de 1 metro. Estímase que cada satélite ten unha masa duns 4000 kg e que teñen unha vida prevista en órbita de 5 anos. Son lanzados mediante foguetes Soiuz 2-1a.[1][2]
Historial de lanzamentos
Misión[1][2]
|
Data de lanzamento[1][2]
|
Foguete lanzador[1][2]
|
Notas[1][2]
|
Bars-M 1
|
27 de febreiro de 2015
|
Soiuz 2-1a
|
Éxito
|
Bars-M 2
|
24 de marzo de 2016
|
Soiuz 2-1a
|
Éxito
|
Bars-M 3
|
19 de maio de 2022
|
Soiuz 2-1a
|
Éxito
|
Bars-M 4
|
23 de marzo de 2023
|
Soiuz 2-1a
|
Éxito
|
Bars-M 5
|
21 de decembro de 2023
|
Soiuz 2-1a
|
Éxito
|
Bars-M 6
|
31 de outubro de 2024
|
Soiuz 2-1a
|
Éxito
|
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2022). "Bars" (en inglés). Consultado o 31 de agosto de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Bars-M (14F148)" (en inglés). Consultado o 31 de agosto de 2022.
Véxase tamén
Outros artigos