A barbada ou barbada de tres barbelas[1] (Gaidropsarus vulgaris) atópase en augas europeas desde a costa central norueguesa e as Illas Feroe, polo Mar do Norte, arredor das illas británicas, até a rexión do Mediterráneo occidental. Pode chegar a medir uns 60 cm de lonxitude. A súa coloración varía do escuro ao pálido, con grandes manchas marróns na cabeza e no corpo, e a coloración da aleta varía segundo a súa localización. As tres barbelas, unha na mandíbula inferior e dúas no fociño, danlle ao peixe o seu nome común.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas