Barómetro de mercurio: é o máis coñecido, inventado por Torricelli en 1643. Está formado por un tubo de vidro duns 850 mm de altura, pechado polo extremo superior e aberto polo inferior. O tubo énchese de mercurio, invertese e colócase o extremo aberto nunha cubeta chea do mesmo líquido.
O nivel de mercurio no tubo baixa ata a altura duns 760 mm por riba no nivel na cubeta (altura barométrica) e deixa un baleiro case perfecto na parte superior do tubo (cámara barométrica). As variacións da presión atmosférica fan que o líquido do tubo suba ou baixe lixeiramente entre 737mm e 775 mm.
Barómetro metálico: tamén denominado barómetro aneroide ou de Vidi, que está constituído por unha caixa metálica na cal se fixo o baleiro parcial. A tapa superior leva un resorte que equilibra a presión media atmosférica, mentres que a tapa da caixa é unha membrana dunha aliaxe metálica e elástica de forma ondulada que se deforma con facilidade, e elévase ou descende en función da variación de presión.
Estes movementos modifican a posición dunha agulla que percorre unha escala circular graduada en milímetros de presión por comparación cos barómetros de mercurio. Os barómetros aneroides son máis precisos e teñen un mecanismo de fol elástico.