A Nación Cherokee é a meirande das tres tribos federalmente recoñecidas do pobo cherokee nos Estados Unidos. Foron recoñecidos por primeira vez pola administración de Franklin Roosevelt en 1941, que elaborou unha constitución baixo o nome de "Nación Cherokee de Oklahoma". A constitución non foi finalmente ratificada polos membros da tribo ata 1976.
Deseño
A bandeira para a nova nación foi deseñada por Stanley John e aprobada polo Consello Tribal Cherokee o 9 de outubro de 1978. A bandeira ten un campo laranxa co "Gran Selo da Nación Cherokee" no centro. O selo está rodeado por sete estrelas amarelas con sete puntas. Cada unha das estrelas apunta cara á estrela do centro do selo. As estrelas de sete puntas representan os sete clans do pobo cherokee.[1]
A versión actual modificou a bandeira nunha resolución aprobada polo consello o 9 de setembro de 1989.[1] Despois, engadiuse unha estrela negra de sete puntas na esquina superior dereita da bandeira para representar a luz que se apagou coa morte dos que pereceron no sendeiro das bágoas.[2] A bandeira oficial tamén ten un bordo de corda verde e negro.[1]
O texto en lingua cherokee no selo central di: "Tsalagihi Ayeli " (tradución: "Nación Cherokee").[1]
Notas
↑ 1,01,11,21,3Cherokee Flags; Webmaster account; Rootsweb .com; páxina web en liña; consultado en xullo de 2020