Bandeira do Kurdistán.
A bandeira do Kurdistán [ 2] (en kurdo : ئاڵای کوردستان ; Alaya Kurdistanê ) é a bandeira étnica que representa aos kurdos ,[ 3] [ 4] [ 1] creada en 1920 pola Sociedade para o Ascenso do Kurdistán . Posteriormente, sería adoptada en diferentes variantes como bandeira nacional de varios estados kurdos, incluíndo a República de Ararat , a República de Mahabad e, máis recentemente, a rexión do Kurdistán iraquí en 1992 . Ademais, o Reino de Kurdistán utilizou a bandeira crecente e esta tamén é considerada unha bandeira kurda.[ 1]
Outras bandeiras usadas polos kurdos
Día da bandeira da rexión do Kurdistán
A bandeira do Kurdistán ondea sobre a disputada cidade de Kirkuk despois de que fose abandonada polas Forzas iraquís en xuño de 2014 segundo avanzaba o grupo terrorista Estado Islámico .
Dende 1993, celébrase o día da bandeira kurda no Kurdistán iraquí cada 17 de decembro.[ 7] [ 8] [ 9]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas