A bandeira de Paquistán (en urdú: پاکستان کا قومی پرچم) foi deseñada por Muhammad Ali Jinnah, baseada na bandeira orixinal da Liga Musulmá. Foi adoptada pola Asemblea Constituínte o 11 de agosto de 1947, xusto días antes da independencia. A bandeira é chamada no himno nacionalParcham-e-Sitāra-o-Hilāl, en urdú literalmente: Bandeira do Crecente e da Estrela.
Deseño
A bandeira consiste dun campo verde escuro, representando a maioría musulmá do país, cunha faixa branca no lado do mastro, representando as minorías relixiosas. No centro, hai unha lúa crecente branca, representando progreso, e unha estrela de cinco puntas, representando luz e coñecemento. A bandeira simboliza o compromiso paquistaní co islam, o mundo islámico e os dereitos das minorías relixiosas. É alzada varios días importantes do ano, incluíndo o 23 de marzo (Día da República) e o 14 de agosto (Día da Independencia).
Outras bandeiras
Bandeira presidencial.
Bandeira do Primeiro Ministro.
Pavillón de proa.
Bandeira das Forzas Aéreas.
Bandeira naval, ten o mesmo deseño cá estatal pero con proporción 1:2.