A bandeira de Kirguizistán (en kirguiz: Кыргыз Республикасынын Мамлекеттик туусу; Kyrgyz Respublikasynyn Mamlekettik tuusu) foi adoptada o 3 de marzo de 1992. É de fondo de cor vermella no que aparece representado, na súa parte central, o sol coa súa superficie rasgada por seis trazos da mesma cor que o fondo da bandeira.
O sol amarelo representa a Timür Leng, un famoso guerreiro de Asia Central que formou un imperio no século XIV. As seis liñas vermellas que rachan o sol representan a seis cofrarías que apoiaron a este guerreiro. O fondo vermello é unha homenaxe a Atila, rei dos hunos, pobo que tivo a súa orixe no que hoxe é Kirguizistán.
Historia
A finais de 2023, levouse a cabo un debate no Zhogorku Kengesh (parlamento de Kirguizistán) para endereitar os raios solares ondulados debido á súa suposta semellanza cun xirasol,[1][2] que na cultura kirguiz pode significar "unha persoa voluble e servil disposta a cambiar de lealdade en beneficio persoal". O proxecto de lei pasou a súa primeira lectura o 29 de novembro e a segunda e terceira lecturas o 20 de decembro.[3][4] O proxecto de lei foi asinado polo presidente Sadyr Japarov o 22 de decembro.[5] A lei publicouse oficialmente o 26 de decembro e entrou en vigor o mesmo día.[6]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
|
- Bandeiras de estados non recoñecidos ou con recoñecemento parcial
|
|